domingo, 21 de marzo de 2010

UN VERDADERIO AGASALLO
!!


O coñecido actor e dramaturgo Manuel Lourenzo, Presidente de Honra de Garelia Teatro, escribiu expresamente para nós "Medievalia".

Unha obra na que todo o elenco de artístas de Garelia Teatro ten participación e na que, a dicir do propio autor, "os personaxes levan os vosos propios nomes porque, en boa medida, é como eu vos vexo".

A obra está ambientada nunha aldea próxima a Betanzos e nela mestúranse paixóns, celos, política e intereses económicos, todo iso aderezado cunha boa dose de humor e retranca galegos que estamos seguros vaivos a encantar.

Como non podería ser doutro xeito , a Dirección de "Medievalia" correrá a cargo do propio Manuel Lourenzo quen, sacando tempo aos seus múltiples quefaceres como actor e escritor, transformaranos, sen dúbida, cada ensaio nunha clase maxistral.

Desde aquí, queremos agradecer profundamente a Manuel Lourenzo que nos distinguira coa honra da exclusiva dunha das súas obras. Aínda que, ao que máis e ao que menos nos están "tremendo as pernas", todos malgastamos alegría e ganas de comezar cos ensaios co obxectivo de mostrarnos á altura de tan digno Autor/Director.

Irémosvos informando dos acontecementos sobre os ensaios e, por suposto, do día da estrea.

¡¡Grazas Manolo !!

1 comentario: