martes, 8 de enero de 2013

GARELIA TEATRO REPRESENTA MEDIEVALIA EN BETANZOS

Temos o gran pracer de anunciarvos que Garelia Teatro representa a súa obra "MEDIEVALIA" este domingo día 13 de xaneiro ás 20:00h na Aula de Cultura do Edificio Liceo de Betanzos
Sinopse
Ana chega a Probaos, unha vila do rural onde terá que promover unha feira medieva. A teima de Xulio e Ánxela, os donos do único meson da vila, por organizar a feira, a negativa do alcalde, a chegada de Ana; Cristina, a irmá de Ánxela coa súa retranca e todos os enredos farán de Medievalia unha comedia moi entretida.
O coñecido actor e dramaturgo Manuel Lourenzo, presidente e honra de Garelia Teatro, escribiu expresamentes para nós esta obra, “Medievalia”.


FICHA ARTÍSTICA
Ana Belén Blanco Ánxela
Cristina Sánchez Cristina
Pilar Pérez Ana
Uxío Losada Uxío Lousa
Xulio Ramos Xulio Fernández
FICHA TÉCNICA
Texto Manuel Lourenzo
Dirección Cristina Sánchez
Música CUARTETO CARAMUXO
Escenografía: Uxío Losada
Luces e son: Manuel Galego

viernes, 6 de mayo de 2011

Garelia Teatro estrea local

A asociación Garelia Teatro estrea local cedido polo Concello de Betanzos e sito na Rúa Pescadería nº2. A partir da semana que ven por alí estaremos.

martes, 4 de enero de 2011

GARELIA TEATRO ESTÁ DE ANIVERSARIO!!!

Hoxe 4 de xaneiro de 2011 Garelia Teatro cumpre dous aniños. Esperemos que neste novo ano siga medrando teatralmente, culturalmente, socialmente,... e todos os -mentes posibles. Agradecemos a todas as socias e socios, espectadores, autores, entidades, administracións,... o voso apoio.

martes, 18 de mayo de 2010

ACTUACIÓN DE GARELIA TEATRO EN CESURAS

Onte Garelia Teatro tivo o pracer de compartir escenario co dramaturgo galego Manuel Lourenzo e con Mini e Mero, compoñentes do grupo A Quenlla.

Estamos encantados de aportar ese graniño de area a un día tan marabillos como é o Día das Letra Galegas.

martes, 6 de abril de 2010

ACTUACIÓN EN CASA HAMLET

Alégranos poder anunciarvos que o próximo día 29, ás 20,00 hrs., estaremos en casa Hamlet coa obra "Baleiro".

Como xa sabedes, esta actuación estaba programada para o pasado 18 de Marzo e , por motivos familiares dunha actriz, non se chegou a representar.

"Baleiro", unha obra escrita expresamente para teatro por un autor novel (aínda que de prometedora carreira), Francisco Paz Fernández -tamén coñecido por "Mi Paco"- e nela trasládanos ao mundo dos sentimentos humanos a través dun personaxe que perdeu toda referencia co seu pasado e indicio de futuro o que motiva ese vacio interior que dá nome á obra. Desde ese vacio e na procura dos seus recordos, como punto de partida do seu futuro, van aflorando nel sentimentos como: o odio, a ira, a dor... ata atoparse ante o dilema de escoller entre vivir a súa dura e crúa realidade ou continuar có seu vacio.

Dirixida de xeito excepcional por Ánxela Seoane Guerra -polo seu segundo apelido enténdese o seu carácter- na que resulta ser a súa "Ópera Prima" e que, a tenor do resultado, non será a última dirección que realice.

Na estrea de "Baleiro", na semana de Teatro de Betanzos, Garelia Teatro obtivo un notorio éxito de público e sinceros encomios dos profesionais do teatro que alí se deron cita.

Elenco:
- Ana Belén Blanco: "Ela"; "Ira"; "Loucura"
- Cristina Sánchez: "Destino"; "Medo"; "Recordo"
- Uxío Lousada: "Odio"; "Cordura"; "Decepción"
- Julio Fernández: "Home"

Esperámosvos a todos en casa Hamlet e confiamos en non defraudarvos !!

domingo, 21 de marzo de 2010

UN VERDADERIO AGASALLO
!!


O coñecido actor e dramaturgo Manuel Lourenzo, Presidente de Honra de Garelia Teatro, escribiu expresamente para nós "Medievalia".

Unha obra na que todo o elenco de artístas de Garelia Teatro ten participación e na que, a dicir do propio autor, "os personaxes levan os vosos propios nomes porque, en boa medida, é como eu vos vexo".

A obra está ambientada nunha aldea próxima a Betanzos e nela mestúranse paixóns, celos, política e intereses económicos, todo iso aderezado cunha boa dose de humor e retranca galegos que estamos seguros vaivos a encantar.

Como non podería ser doutro xeito , a Dirección de "Medievalia" correrá a cargo do propio Manuel Lourenzo quen, sacando tempo aos seus múltiples quefaceres como actor e escritor, transformaranos, sen dúbida, cada ensaio nunha clase maxistral.

Desde aquí, queremos agradecer profundamente a Manuel Lourenzo que nos distinguira coa honra da exclusiva dunha das súas obras. Aínda que, ao que máis e ao que menos nos están "tremendo as pernas", todos malgastamos alegría e ganas de comezar cos ensaios co obxectivo de mostrarnos á altura de tan digno Autor/Director.

Irémosvos informando dos acontecementos sobre os ensaios e, por suposto, do día da estrea.

¡¡Grazas Manolo !!
Por razóns familiares dunha das actrices, Garelia Teatro non puido comparecer á cita con Casa Hamlet, marcada para o pasado día 18

Pedimos desculpas coa seguridade de que teremos moitas outras ocasións, onde podernos atopar e contar co voso inestimable apoio
Moitas grazas